Alcoa amplía o seu negocio mentres apunta recortes na súa planta da Mariña

Alcoa ofrece máis de 2.000 millóns en accións pola australiana Alumina

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/02/2024

Alcoa alcanzou un acordo para a adquisición a cambio duns 2.200 millóns de dólares (2.033 millóns de euros) en accións de Alumina Limited, empresa australiana coa que mantén a sociedade conxunta Alcoa World Alumina & Chemicals (AWAC), con activos en Australia, Brasil, España, Arabia Saudita e Guinea, na que a estadounidense controla o 60%.

Segundo as condicións acordadas, a transacción levaráse a cabo totalmente en accións, polo que os accionistas de Alumina Limited recibirían unha contraprestación de 0,02854 accións de Alcoa por cada acción de Alumina Limited, o que implica un valor patrimonial de aproximadamente 2.200 millóns de dólares para Alumina Limited, cunha prima do 13,1% sobre o prezo de peche das accións da australiana o pasado venres.

A xunta directiva de Alumina Limited expresou a súa intención de recomendar a proposta de Alcoa en ausencia dunha oferta superior. Unha vez completada a operación, os accionistas de Alumina Limited posuirían o 31,25% e os accionistas de Alcoa posuirían o 68,75% da empresa combinada.

O maior accionista de Alumina Limited, Allan Gray Australia, celebrou pola súa banda un acordo con Alcoa que outorga ao produtor estadounidense de aluminio o dereito de adquirir ata o 19,9% de Alumina Limited ao prezo acordado de 0,02854 accións de Alcoa por cada acción de Alumina. "Comprácenos iniciar o proceso de transacción e o contrato de exclusividade para finalizar os termos da operación, o que proporcionará beneficios significativos e a longo prazo aos accionistas de Alcoa e Alumina Limited", dixo William F. Oplinger, presidente e conselleiro delegado de Alcoa.

"Cremos que agora é o momento adecuado para consolidar a propiedade de AWAC e esperamos traballar estreitamente co equipo de Alumina Limited para consumar unha transacción que situará mellor a Alcoa para executar a nosa estratexia de crecemento a longo prazo", engadiu.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A fábrica de aluminio de Alcoa, en San Cibrao, Cervo, en xaneiro de 2024 / Carlos Castro - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.