CSIF denuncia a "mala xestión" de Salvamento Marítimo ao fomentar gardas en solitario sen descansar

Para a Central Sindical Independente e de Funcionarios esta medida "precariza" o servizo e pon en risco non só ao propio persoal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciou a "mala xestión" da dirección de Recursos Humanos de Salvamento Marítimo ao fomentar gardas en solitario sen "posibilidade de descanso" para os traballadores. Nun comunicado, a organización criticou a adopción de medidas "unilaterais" que, segundo CSIF, "desembocarán en que os controladores fagan gardas en solitario", incluíndo as da quenda de noite.

Durante as mesmas, segundo lamentaron, os empregados deberán portar uns dispositivos de "home morto", que alerta no caso de que a persoa sufra algunha indisposición e desatenda a vixilancia.

"Non é de recibo que un servizo destas características, que ata o momento era atendido por dous ou tres controladores segundo o tipo de centro, agora pase a ser atendido por unha única persoa, sen posibilidade de descanso nin de abandonar a sala, mesmo para aliviar as súas necesidades fisiológicas, sen que esas ausencias impliquen desatención na vixilancia", reivindicaron.

A Central Sindical non comparte que esta decisión responda a unha vontade por parte de Salvamento de velar pola saúde e seguridade dos traballadores, senón que "cosifican aos empelados que din protexer" e insisten en que "a verdadeira protección dos traballadores e, polo tanto, do servizo, pasa por garantir que as gardas sexan atendidas polo persoal mínimo, tal e como recolle o convenio.

Para eles, esta medida "precariza" o servizo e pon en risco non só ao propio persoal, "que se verá sometido a máis tensión", senón ao servizo en si mesmo, que podería quedar sen vixilancia ao non estar dotado do persoal suficiente, o cal podería desembocar, ao seu xuízo, nunha catástrofe como a do Prestige, "se os centros non contan co número conveniente de controladores".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Medios de Salvamento Marítimo buscan sacos de pélets no mar.. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.