Dous feridos nun accidente en Ames entre un coche e un camión cargado con combustible que non perdeu a carga

A pesar de quedar envorcado fóra da vía, a carga do camión non sufriu danos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 01/03/2024

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado no municipio coruñés de Ames entre un turismo e un camión de combustible que, a pesar de quedar envorcado fóra da vía tras o impacto, non sufriu danos na súa carga. O sinistro produciuse ás 07.30 horas deste venres na estrada AC-543, na saída da localidade de Bertamiráns cara os Ánxeles, xa no concello coruñés de Brión, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Os dous condutores dos vehículos implicados resultaron feridos, aínda que de forma leve, aínda que foron evacuados en ambulancia a un centro hospitalario. Ata a zona, ademais de efectivos de Urxencias Sanitarias 061, mobilizáronse membros do GES de Brión e bombeiros do Xallas. A pesar do impacto que fixo envorcar e saírse da vía, a carga de 6.000 litros de combustible que acababa de recoller nunha estación de servizo o camión non sufriu danos.

Con todo, os servizos de emerxencia aplicaron material absorbente para deter a perda de combustible que procedía do depósito do camión, cuxa carga será transvasada pola empresa responsable. O incidente retardou o tráfico na zona durante toda a mañá, xa que foi necesaria a intervención de dous guindastres para retirar o camión da zona, segundo informou a Policía Local de Ames.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Camión cargado de combustible / GARDA CIVIL - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.