Besteiro responsabilízase do resultado electoral e comprométese a "defender o proxecto"

Máis de 60 militantes toman a palabra no comité nacional, no que críticos esixen responsabilidades e outros pechan filas co lucense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2024

O PSdeG celebrará o 7 de abril as súas primarias á Secretaria Xeral e, vinte días despois, o 27, o Congreso Extraordinario do que sairá ratificada a súa nova cúpula. Un proceso interno de face ao que o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, se comprometeu a "responder o proxecto". Os socialistas galegos celebraron este sábado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a reunión do seu comité nacional, un encontro que arrincou coa intervención do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quen anunciou a convocatoria do congreso.

Nun discurso no que se mostrou emocionado, volveu subliñar unha vez máis o seu apoio a Besteiro para que dirixa o futuro do partido e recoñeceu que os resultados foron "malos" e que a formación debe "reflexionar profundamente".

BESTEIRO RESPONSABILÍZASE DO RESULTADO

Formoso foi o encargado de abrir unha cita política que reuniu a máis de medio milleiro de socialistas e no que unhas 70 persoas tomaron a palabra. Así, tal e como confirmaron a Europa Press distintas fontes socialistas, escoitáronse voces críticas que pedían a dimisión da dirección e rexeitaban un "congreso exprés" e outras que trasladaban o seu apoio a Besteiro para que capitanee o futuro do partido.

Entre os militantes que interviñeron estivo o propio Besteiro, quen tomou a palabra en último lugar. O político lucense asumiu a responsabilidade "como candidato" duns resultados que recoñeceu que "foron malos". Ademais, mostrouse convencido de que "sen o Partido Socialista non hai posibilidade de cambio en Galicia" polo que avogou por abrir un proceso de "crítica, autoanálisis e preparación do futuro".

Todo iso nunha comparecencia pechada aos medios na que volveu a subliñar a súa vontade de "responder por Galicia" e "defender o proxecto". Así, asegurou que asume o mesmo compromiso que trasladou hai uns 11 anos cando compareceu nun comité nacional no que se discutía se se elixiría ao candidato por primarias ou mediante a decisión dos delegados. "Non estaba decido, pero eu comparecín para dicir que me ía a presentar, houbese congreso ou non, porque a decisión última téñena que ter os militantes", afirmou.

UN TOTAL DE 63 INTERVENCIÓNS

Na reunión do Comité Nacional tomaron a palabra un total de 63 persoas, entre as que se escoitaron algunhas voces críticas que pedían a dimisión da dirección e rexeitaban un "congreso exprés" e outras que trasladaban o seu apoio a Besteiro para que capitanee o futuro do partido.

Deste xeito, conforme sinalaron a Europa Press fontes socialistas, afíns ao que fora secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero como Noa Díaz e Martín Seco pediron a dimisión da actual dirección para deixar paso a unha xestora que pilote o partido ata a renovación dos seus órganos. Ademais, censuraron a convocatoria dun congreso exprés por considerar que impide o debate.

Con todo, foron varios os dirixentes que tomaron a palabra para trasladar o seu apoio a Besteiro, como o caso da rexedora da Coruña, Inés Rey; o de Ames, Blas García, e o de Culleredo, José Ramón Rioobó. Os alcades reflexionaron sobre os resultados do pasado 18 de febreiro e apoiaron ao político lucense para que capitanee o futuro do partido.

PROXECTO PROPIO

Tal e como indicaron outras fontes a Europa Press, na reunión, o exparlamentario autonómico Xoaquín Fernández Leiceaga reflexionou sobre a necesidade de que o PSdeG conte cun proxecto propio para Galicia e incidiu tamén na importancia do traballo no Parlamento de Galicia.

Neste sentido, no comité, no que o propio Formoso admitiu "erros de campaña", escoitáronse voces que criticaron a campaña pola que optou o PSdeG para os comicios autonómicos por considerar que houbo unha dependencia excesiva de Ferraz e que se debe apostar por un modelo propio para Galicia.

Entre os últimos socialistas en tomar a palabra situouse o que foi deputado autonómico e actual número catro pola lista de Pontevedra, Julio Torrado, quen fixo unha reflexión sobre aspectos a mellorar e pechou filas en torno ao proxecto que representa José Ramón Gómez Besteiro.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O secretario xeral do PSdeG, Valentin Gónzalez Formoso, e o candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, no comité nacional. PSDEG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.