Borja San Ramón anuncia que non seguirá á fronte de Podemos Galicia e aposta por Isabel Faraldo

A formación avanza que, en próximas datas, asumirá unha reestruturación da súa Executiva de face "ao novo ciclo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2024

O coordinador de Podemos Galicia, Borja San Ramón, anunciou este domingo no Consello Cidadán Galego que non se presentará ao próximo congreso da formación e mostrou a súa aposta por Isabel Faraldo, candidata á presidencia da Xunta nos pasados comicios autonómicos do 18 de febreiro. Nunha nota de prensa, Podemos detallou que o actual líder da formación destacou que hai "unha aposta clara por darlle continuidade ao traballo político comezado por esta dirección na campaña electoral e desenvolver un proxecto do que Isabel Faraldo é a principal cara visible".

Nesta liña, puxo en valor o "magnífico papel que fixo Isabel no debate da CRTVG" e a necesidade de "visibilizar a súa figura para poder desenvolver e darlle estabilidade a un proxecto" que "devolva" a Podemos ás institucións galegas. Así, desde a formación morada quixeron recalcar tamén que é o momento de "dar estabilidade e reforzar a organización" de face a "poder abrir un ciclo político que permita que o partido traballe en liña co rumbo tomado".

"Nesta campaña a militancia activouse e sacou con pura forza e convicción nos nosos principios, o que foi capaz de xerar experiencia e despois equipos de traballo na primeira vez que nos presentamos en Galicia como marca Podemos e que permita construír cara ao futuro", afirmou. En próximas datas, Podemos Galicia avanza que asumirá unha reestruturación da súa Executiva de face "ao novo ciclo".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
2

Sentidiño

Predica, meu frade...


1

Gamela

Lástima ter despilfarrado a ilusión e a forza que xurdiu un 15 de Maio de 2011 (pasaron 13 anos e parece que pasara por riba un bulldozer) Os partidos políticos que daquela estaban a durmir hoxe volven remotar o poder absoluto e cada vez están máis lonxe da Realidade Social e sobre todo Económica da inmensa maioría da poboación... Todo reducido as Campaña Electorais ! Ao día seguinte todo volve á rutina... Paralizados entre a ameaza nuclear e o xenocidio só se nos ocorre facer Primarias e máis Primarias... Estamos mortos e parace que non o queremos recoñecer...

1 resposta
1

Por Gamela: Para valorar o que perdemos trece anos atrás, para valorar a queles que chamaron "perro-flautas" e "españoleiros" aos centos de miles de homes e mulleres que con forza e creatividade encheron prazas e rúas berrando "Que non nos representan!>/b> https://youtu.be/DMuBzkURC_o Cambiaron o 15M polas súas Primarias do Carallo ! E siguen a tomarnos o pelo a todas tódolos días de dios !!!


O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón.. PODEMOS GALICIA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.