Os dous falecidos no accidente de Ames eran un pai e a súa filla de 17 anos

Dúas persoas que ían no outro coche resultaron feridos graves. A colisión produciuse na AC-543, ao seu paso pola parroquia de Ortoño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2024

Un home de 44 anos de idade e a súa filla, de 17 anos, faleceron a tarde deste domingo tras chocar o vehículo no que viaxaban contra outro na estrada AC-543 (Santiago-Noia), á altura da urbanización de Aldea Nova, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.

As dúas vítimas mortais eran da parroquia compostelá de Laraño. O pai, que respondía as iniciais O.M.P., viaxaba xunto á súa filla nun Opel Corsa, en dirección Bertamiráns cando chocou frontalmente contra un Volkswagen T-Roc que circulaba polo carril dirección cara a Santiago.

Dous ocupantes deste segundo vehículo, un home de 46 anos de idade e iniciais F.C.G., e unha muller de 44 anos e iniciais N.P.F. resultaron feridos, nunha primeira avaliación, de gravidade, polo que foron evacuados ao Hospital Clínico Universitario de Santiagoa. Os Bombeiros tiveron que excarcerar e liberar a estas dúas persoas.

O 112, segundo informou, tivo coñecemento do suceso ás 17,45 horas e ata o lugar desprazáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e de Santiago, o GES de Brión, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Ames.

Unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou que os dous ocupantes, piloto e copiloto, dun dos vehículos implicados perderon a vida. Ademais, os Bombeiros tiveron que excarcerar e liberar a dúas persoas do outro vehículo implicado e que resultaron feridos de consideración.

CONDOLENCIAS

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, enviou as súas condolencias e toda "a forza do mundo nestes durísimos momentos" para a familia e amizades de Aira M. F., de 17 anos, e Óscar M. P., de 44, falecidos este domingo nun accidente de tráfico na veciña localidade de Ames.

Ambos son veciños da parroquia compostelá de Laraño. De feito, Sanmartín, así como o alcalde de Ames, Blas García, desprazáronse na tarde do domingo ata o punto do sinistro tras coñecer o tráfico suceso.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.