Falece un home en Arteixo, na vivenda na que ardeu unha pota ao lume

Tras entrar na casa, os bombeiros indicaron que unha pota que estaba ao lume ardeu e que foi a orixe da intensa fumareda, pero que non podían determinar se isto era a causa da morte do home.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/03/2024

Un home de avanzada idade faleceu este luns na súa vivenda de Arteixo, onde ardeu unha pota ao lume provocando unha intensa fumareda aínda que está por determinar se este feito foi a causa da súa morte ou non. Así o informaron a Europa Press desde o 112 Galicia que explicaron que un particular deu aviso dun incendio, na rúa Cáceres, na parroquia de Pastoriza.

En concreto, o aviso foi pouco despois das 16.00 horas e nel alertábase de que saía moito fume dunha vivenda na que residía unha persoa maior, aínda que non sabía o alertante se nese momento estaba no interior. Desde o 112 mobilizouse a Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Arteixo, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Tras entrar na casa, os bombeiros indicaron que unha pota que estaba ao lume ardeu e que foi a orixe da intensa fumareda, pero que non podían determinar se isto era a causa da morte do home.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Dous bombeiros afrontan un lume / César Arxina - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.