O Comité de Alcoa sobre o futuro da empresa: "Nin está nin se lle espera, nin conta con estar no futuro"

Volve demandar que se convoque a reunión de seguimento para buscar "unha saída definitiva".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2024

O comité de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, volveu a demandar por terceira vez ao Goberno central e á Xunta que se convoque de forma urxente unha nova reunión de seguimento para buscar "unha saída definitiva" á fábrica da Mariña.

Este martes, o presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, criticou que este encontro entre administracións, empresa e representantes dos traballadores "xa leva tres semanas de atraso" desde a data comprometida da que será a décimo sétima reunión de seguimento.

Así, recrimina que "Alcoa cada vez manda unhas mensaxes máis claras de que nin está nin se lle espera, nin conta con estar no futuro". Pide que "canto antes" sexa esa reunión co Goberno e a Xunta para "dar tranquilidade ao persoal e á comarca" sobre unha problemática que levan "catro anos sufrindo".

Todo iso mentres Alcoa prevé ter esta semana un total de 16 cubas en funcionamento no marco do proceso de rearranque gradual das cubas, que levou a que a planta volvese a producir aluminio primario despois de dous anos. O acordo asinado cos traballadores pasa por ter 32 cubas a 1 de abril e continuar coa ampliación progresiva ata o pleno funcionamento en outubro de 2025.

Así mesmo, a compañía anunciou a pasada semana un acordo para a compra por máis de 2.000 millóns de euros en accións da australiana Alumina Limited, propietaria do 40% da refinaría de San Cibrao. Precisamente, o comité de empresa tamén pide unha reunión de seguimento da fábrica de alúmina, que leva desde novembro sen celebrarse, a pesar de que a compañía "se comprometeu" a realizala mensualmente.

A XUNTA PROPÓN TRES DATAS

Pola súa banda, a Xunta enviou un correo na mañá deste martes ao Goberno para propor tres datas da reunión de seguimento para a semana que vén: 11, 12 ou 15 de marzo. Fontes da Consellería de Economía explican a Europa Press explica que, tendo en conta que pasaron as eleccións autonómicas do 18 de febreiro, a Xunta dirixiuse á secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, nas últimas dúas semanas para concertar este encontro sen que se obtivo resposta.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O Presidente do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, durante a queima de pneumáticos nunha manifestación / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.