Cinco feridos, tres adultos e dous menores, nunha colisión frontal de dous vehículos en Valga

Foron trasladados ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024

Cinco persoas tiveron que ser trasladadas despois dun choque frontal en Valga. Nos turismos viaxaban tres adultos e dous menores, que foron trasladados ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago. Pouco despois das 15,00 horas, o 112 Galicia coñeceu este accidente a través dunha persoa alertante, que informou de que había feridos e de que os coches implicados interrompían a circulación da vía. Concretamente, o sinistro tivo lugar na parroquia de Santa Comba de Cordeiro.

Tras isto, o 112 Galicia informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Salnés, Garda Civil de Tráfico, GES de Padrón e Protección Civil de Valga.

Unha vez no lugar do accidente, os profesionais dos diferentes medios desprazados confirmaron que había cinco persoas feridas, despois de que se producise a colisión frontal entre os dous turismos involucrados. Tres pasaxeiros dun vehículo tiveron que ser trasladados, do mesmo xeito que dúas persoas máis do outro coche. Aínda que non se tiveron que facer labores de limpeza da vía tras o accidente, si foi necesaria a axuda dun guindastre para poder retirar os turismos da estrada.

MOTORISTA

Doutra banda, un motorista tivo que ser trasladado ao hospital na Rúa sobre as 18,00 horas. Un particular informou ao 112 Galicia do accidente dunha moto, á vez que indicaba que o condutor dá motocicleta aparentaba estar ferido, aínda que non atrapado.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Valdeorras, GES de Valdeorras, Policía Local e Protección Civil da propia localidade.

Xa no lugar do suceso, na rúa Camiño Novo, os membros de Protección Civil informaron de que o motorista tivo que ser trasladado polos profesionais dos servizos sanitarios ata o hospital de referencia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Axega informa dunha colisión. 112 Galicia.. AXEGA 112 GALICIA / Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.