Goretti Sanmartín avala os contratos de emerxencia do goberno de Bugallo

A actual alcaldesa estudará "se é preciso ou non" achegar máis datos, pero sostén que os contratos foron "publicados" e teñen expedientes

Por Europa Press / Redacción | | 12/03/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu este mércores que os contratos de emerxencia realizados en 2020, durante o máis cru da pandemia de covid-19, polo anterior goberno local, dirixido polo socialista Xosé Sánchez Bugallo, "cumpren perfectamente" cos requisitos legais.

Desta forma, considera que as deficiencias ás que apunta o Consello de Contas nun informe de fiscalización dado a coñecer o luns no que reprocha que en ningún dos 85 contratos de emerxencias do Concello compostelán está adecuadamente xustificada a emerxencia. "Probablemente, o que ocorre é que Contas non ten toda a información", explicou a actual rexedora, en declaracións aos medios este martes, despois da publicación deste documento.

"É un informe estatístico que fala cos datos que dispón", alegou Sanmartín, quen asegurou que estes contratos de emerxencia, que se "permitían" naquel momento pola crise sanitaria, "están feitos todos con expedientes". "Polo que sabemos, estes foron contratos publicados", engadiu. Por tanto, a actual alcaldesa, do BNG, cre que a información "de orixe" é máis da que "consta" no informe de Contas. "Por tanto, é algo que se pode contrastar, pois nós (o actual goberno) entendemos que se cumpre perfectamente", insistiu.

Preguntada sobre se se proporcionará ao órgano fiscalizador toda esa información que di que falta, Goretti Sanmartín contestou que "mirarán" se "iso é preciso ou non", tendo en conta que lle "consta" que foron "informes con expedientes" que se publicaron. Ademais, recalca que Contas o que fai son "recomendacións para o futuro" que o novo goberno "anota".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.