Morre un traballador ao caer da cuberta dunha nave en Vigo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2024

Un operario faleceu na mañá deste mércores en Vigo ao caer a varios metros de altura desde a cuberta dunha nave, situada na rúa Santa Tegra, en Teis. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia sobre as 09,00 horas deste mércores para solicitar asistencia médica urxente para un operario que acababa de caer desde a cuberta dunha nave.

Con esta información, os xestores de emerxencias pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como de Policía Nacional e Local, ademais do persoal da Autoridade Portuaria de Vigo. Con todo, pouco despois, os axentes de seguridade comunicaron o falecemento do traballador, informa o 112 Galicia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia do 061 / Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.