A CIG denuncia que os bombeiros en Vigo continúan a trabajar por baixo do mínimo establecido

Os bombeiros levan anos reclamando máis efectivos ao goberno local.

Por E.P. | VIGO | 15/03/2024



A Confederación Intersindical Galega (CIG) volveu a denunciar a "falta de persoal" que padece o persoal de bombeiros de Vigo debido a que, este venres, o servizo volveu a operar con 14 traballadores, seis menos do mínimo de 20 establecido pola propia corporación local.

Nun comunicado, a organización sindical criticou que o Concello continúa sen convocar oposicións, advertindo de que a situación empeorará coas xubilacións que están próximas.

A CIG lamentou "o deixamento e a falta de responsabilidade por parte do goberno municipal en buscar unha solución a un problema crónico", polo que se seguen incumprindo os mínimos aprobados polo propio Concello para garantir a seguridade dos cidadáns.

"A pesar de ser un problema recorrente, o goberno local continúa sen sacar a convocatoria das oposicións ao servizo, polo que é máis que previsible que a situación empeore aínda máis este ano, cando se produzan as próximas xubilacións", advertiron desde a CIG, indicando que de face a verán é probable que se volvan a rexistrar peches de parques de bombeiros na cidade, "con todo o que iso supón en termos de seguridade e axilidade á hora de intervir".

Os bombeiros levan anos reclamando máis efectivos ao goberno local. O punto álxido destas reclamacións deuse o pasado mes de outubro, cando un incendio nun edificio acabou coa vida de catro persoas, tres delas menores de idade, mentres os bombeiros operaban con menos efectivos do mínimo establecido.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e unha representación dos bombeiros da cidade.. CIG-VIGO

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.