Trasladadas dúas persoas tras saírse da vía e chocar contra un farol en Arzúa

O suceso tivo lugar sobre as 12,40 horas deste domingo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2024

Dúas persoas foron trasladadas tras saírse da vía co seu vehículo e chocar contra un farol na N-547 ao seu paso polo municipio coruñés de Arzúa.

Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar sobre as 12,40 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que o condutor, ferido, foi capaz de saír do vehículo pero o seu acompañante estaba atrapado.

O 061 detallou que os feridos son un home, de 74 anos, e unha muller, de 71 anos, e ambos foron trasladados ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. A central de emerxencias deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arzúa, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Arzúa.

Unha vez no punto, os bombeiros excarceraron á persoa atrapada. Ademais, ambos os feridos necesitaron asistencia dos profesionais sanitarios que, aínda que mobilizaron o helicóptero medicalizado, os feridos foron trasladados nunha ambulancia. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.