Vive de milagre tras quedar o coche esmagado por un camión contra unha barreira

Aconteceu en Cenlle e o conductor puido saír do coche polo seu propio pé.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024

Un condutor de 38 anos saíu polos seus propios medios do seu vehículo tras quedar esmagado este contra unha barreira de seguridade á primeira hora deste martes en Cenlle. Segundo informou o 112, o turismo impactou contra o muro despois de chocar cun camión na A-52, no punto quilométrico 241, sentido Vigo.

Posiblemente, apuntan, unha avaría previa no turismo provocou que o condutor se arrimase á beiravía e un camión chocase contra el. O coche quedou esmagado contra a barreira de seguridade da vía, pero o ocupante conseguiu saír polos seus propios medios. Presentaba algunhas lesións, polo que foi evacuado ao centro hospitalarios de referencia por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Os Bombeiros do Carballiño acudiron alertados polo 112 Galicia, aínda que descartaron intervir ao comprobar que o ocupante estaba xa fose do coche. Ademais de bombeiros e sanitarios, neste operativo participaron os membros do GES de Ribadavia e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Respecto diso, a Garda Civil informa de que instrúe dilixencias a unidade de investigación de seguridade viaria de Ourense, a disposición do xulgado de instrución de Ribadavia. Foi necesaria a intervención de servizos de limpeza da vía antes de restaurar a circulación.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Accidente en Cenlle / GARDA CIVIL

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.