Arde un salón de bailes en Ourol e unha fábrica de pensos en Mazaricos

Nos dous incidentes non houbo que lamentar vítimas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024

Unha fábrica de pensos do municipio coruñés de Mazaricos sufriu un incendio esta pasada noite, aínda que ninguén resultou ferido ao iniciarse o lume fóra do horario laboral. Desde as 23,00 horas, cando o 112 Galicia recibiu os primeiros avisos sobre este incendio, ata as 4,00 horas, os equipos de emerxencias estiveron a traballar para apagar o lume, que calcinou un terzo da nave da Picota, destinada ao almacenamento de pensos, maquinaria, palés, e mesmo cal vivo.

Para facer fronte a esta situación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Santa Comba, así como dos membros do GES de Muros e da central de incendios forestais da zona, e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo e pre alertados os técnicos do Grupo de Apoio Loxística da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que prepararon unha cisterna de gran caudal para utilizar en caso necesario.


ARDE UN SALÓN DE BAILE EN OUROL

Por outra banda, un antigo salón de baile ardeu tamén este martes no municipio lucense de Ourol. Tampouco houbo que lamentar danos persoais, pero si materiais, pois só quedou en pé a estrutura externa da casa.

A posta en marcha deste operativo foi posible grazas á chamada dun alertador ás 00,30 horas desta madrugada, que avisou dun incendio nunha casa deshabitada no lugar de Chao de Bravos, en Ourol.

Para atallar as chamas, desde o 112 Galicia, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos seguintes recursos: Bombeiros de Viveiro, Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro, Protección Civil de Ourol e o distrito de incendios forestais da zona. Tamén se informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por fósese necesaria a súa intervención, e á Garda Civil.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un camión de bombeiros trata de sufocar un incendio / Rosa Veiga - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.