(Vídeo) Unha avoa de 90 anos pasa catro horas ciscada nos corredores de Urxencias do CHUS

Denuncian novos colpasos con máis de 24 pacientes graves nos corredores de Urxencias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/03/2024

A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS denuncia novos colapsos nas Urxencias deste especial "sen ningunha causa estacional que o xustifique". Esta entidade di que houbo colapsos continuados os días 14 e 15 de marzo, con decenas de pacientes que acuden a elas en demanda de atención aparcados nos corredores con colas que saían pola porta de entrada do servizo. 
 
A situación volveuse a repetir este luns, 18 de marzo. "Ás 15:00 horas nada mais e nada menos que 53 pacientes co ingreso asinado agardaban por unha cama en planta ocupando as zonas de traballo. Como consecuencia disto 23 pacientes graves estaban colocados no corredor central e colindantes en padiolas e cadeiras de rodas agardado horas a ser atendidos", critican.
 
M.E. neta e acompañante dunha paciente de 90 anos en estado grave di que acudiu o día 18 de marzo ás 17:30 horas a Urxencias. A súa avoa foi colocada no corredor de acceso do servizo e ás 21:38 horas aínda permanecía nel sen ser atendida. “Paréceme intolerable o limite ao que estamos chegando no mais importante dunha sociedade A Sanidade.O igual ca miña avoa centos de pacientes”, asegura.
 
"Non podemos mais que repetir que fronte aos discursos e relatos oficiais que afirman que a situación de colapso das urxencias é de orixe estacional, a realidade baseada nos feitos indican que a causa radica na ineficiente xestión das camas dispoñibles e na contumaz persistencia en converter os servizos de urxencias nun aparcamento de pacientes", critica a asociación.
 
Segundo os datos publicados na páxina web do hospital en “Pulso do CHUS”, nas últimas 24 horas foron atendidas 551 persoas, e o nivel de ocupación das camas foi do 62 por 100 (933) sobre un total de 1511 dispoñibles. "Existe un excedente de 578 camas que na práctica permaneceron pechadas mentres non se doten de persoal sanitaria para ser ocupadas", di e apunta que a isto hai que engadir as plantas do Hospital Gil Casares con obras paralizadas durante meses que manteñen pechadas mais de 70 camas. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario / Asociación de Usuarios do CHUS.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.