Inundacións no Centro de Saúde pola rotura dunha tubaxe de auga

O Sergas prevé que o centro retome o seu funcionamento con normalidade a partir das 12,30 horas.

Por Europa Press / Redacción | Baiona | 20/03/2024



A rotura dunha tubaxe no centro de saúde de Baiona (Pontevedra) provocou inundacións na planta que alberga os servizos de atención primaria, onde se chegaron a alcanzar ata dez centímetros de acumulación de auga.

O problema iniciouse ás 08,30 no sistema de canalización de auga do centro, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Servizo Galego de Saúde, que prevén que poida retomarse a normalidade no ambulatorio a partir das 12,30 horas.

A incidencia obrigou a deixar sen funcionamento o centro de saúde nas zonas afectadas pola inundación e a derivar as urxencias ao hospital Álvaro Cunqueiro e Povisa.

Os servizos técnicos repararon a rotura do latiguillo que causou o problema e desde as 11,00 horas trabállase cunha bomba de achique para retirar a auga co obxectivo de que o centro volva estar plenamente operativo desde as 12,30 horas.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Centro de Saúde de Baiona / XdV

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.