Prohibidas desde este venres as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024

A Xunta prohibiu desde este venres e ata novo aviso as queimas agrícolas e forestais realizadas por particulares. Desta forma, quedan excluídas desa prohibición as queimas controladas que realiza o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispondo dos medios de extinción necesarios.

Así o informou o Executivo galego que detallou que "non dará" máis permisos e os xa concedidos "quedarán en suspenso" a partir deste venres. A decisión tomárona tras valorar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un bombeiro forestal da Xunta nun incendio / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.