Rueda sobre a presentación de Puigdemont ás catalás: "Eleva o nivel de chantaxe a Sánchez, que o permite e ata o fomenta"

Chama "á responsabilidade" do PSOE e do BNG, porque "as cousas que anuncia" o independentismo son "prexudiciais para Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, cre que o expresident catalán Carles Puigdemont "eleva o nivel de chantaxe" ao que, ao seu xuízo, somete ao Goberno de España ao anunciar que será o candidato de Junts nas eleccións catalás do próximo 12 de maio. Ademais, acusou ao xefe do Executivo central e líder do PSOE, Pedro Sánchez, de "permitir" e "ata fomentar" esa "chantaxe" porque, "con tal de que o seu posto poida seguir uns días máis, admite calquera cousa".

En declaracións aos medios desde a Cidade da Cultura, en Santiago, onde participou na entrega de premios extraordinarios a estudantes universitarios, o mandatario galego ironizou con este anuncio que Puigdemont fixo nun acto en Elna (Francia) que "tivo moito máis de mitin que de conferencia".

Alfonso Rueda dixo que a súa candidatura non lle resulta "unha sorpresa". "As cousas que dixo, incluso a actitude de soberbia, por non dicir de chulería, que creo que case de modo obxectivo podíase obervar, supoño que o facía ademais á mantenta, é unha pouco consecuencia de todo o que vimos durante estes meses e estes anos anteriores", explicou.

E é que, nas súas palabras, a candidatura de Puigdemont supón "un paso adiante máis" nesa "chantaxe" que Sánchez "permite" con tal de "seguir uns días máis" como presidente do Goberno. Así mesmo, Rueda advertiu que todo o que anunciou o expresident catalán que ía facer se é investido e do que isto "pode supor para Galicia", porque o independentismo "non pensa en absoluto noutra cousa que non sexan eles mesmos e en quitarlle o máximo aos demais para telo eles".

"Galicia sairía perdendo se as cousas que anuncia e coas que ameaza o independentismo catalán se levan adiante", insistiu Rueda, para seguidamente facer un chamamento "á responsabilidade" do PSOE e "mesmo" do BNG, porque "as cousas que queren para eles van ser moi prexudiciais para Galicia".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Carles Puigdemont / @KRLS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.