Cesáreo Pardal cre que os pisos turísticos son "un verdadeiro problema" e pide "unha limitación maior"

Rexeita que Santiago teña unha ocupación media anual que xustifique unha taxa turística e descarta a masificación en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2024

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, asegurou que os pisos turísticos son actualmente un "verdadeiro problema" para o sector e reclamou "unha limitación maior" e adaptou á situación actual.

Nunha entrevista concedida a RNE e recollida por Europa Press, Pardal apuntou que en Galicia conviven situacións como a de Sanxenxo, onde hai máis de 3.000 vivendas de uso turístico, con outros municipios "onde non se permiten" e contrapuxo o caso de particulares que dedican a este uso un piso ao de empresas que contan "ata con 200 pisos turísticos". "É necesario buscar unha situación consensuada entre todos os sectores, tratar de buscar ese punto intermedio", dixo.

Paralelamente, o presidente do Clúster situouse en contra da instauración dunha taxa turística para Santiago. Aínda que "ninguén deixa de ir a un lugar por pagar unha taxa turística", dixo, apuntou que a situación de Compostela só xustifica esta taxa en momentos puntuais, xa que a ocupación media da cidade no conxunto do ano non chega ao 50%. "Se estivésemos a falar dun 70 ou 80% por cento de ocupación anual, o sector veríao con moi bos ollos", destacou.

Do mesmo xeito, tamén rexeitou que en Galicia exista unha masificación turística, unha "palabra moi de moda", se non máis ben "incrementos de fluxos turísticos en determinados días e horas" e "en determinados lugares". Por iso, apostou por "redirixir eses fluxos" en coordinación de todos os sectores implicados.

Finalmente, lembrou que o turismo "que vén en avión" é "o máis desexado" para o sector en Galicia, comparando a situación que se vive na Comunidade, con 5,5 millóns de pasaxeiros e 16 voos internacionais en tres aeroportos, co Porto, que move máis de 15,5 millóns de pasaxeiros e ten máis de 120 voos internacionais. "O turista o que busca agora mesmo é a tranquilidade de montar nun avión e chegar ao destino", dixo Pardal, que contou como hai dúas semanas unha representación do Clúster tardou "12 horas en chegar" a Berlín desde Galicia. "Se tes 4 días de vacacións, non podes estar dous días viaxando", resolveu.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Xanc

Como que limitar? Viva la libertad! Viva el libre mercado! Galicia Rueda amigo, la Galicia que funciona. Agora a envainala


Arquivo - O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, durante a súa intervención na rolda de prensa do estand de Galicia na primeira xornada da Feira Internacional de Turismo, FITUR 2024, en IFEMA Madrid, a 24 de xaneiro de 2024,. Gustavo Valente - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.