O BNG concorrerá no terceiro posto ás europeas en "coalición técnica" con Bildu, ERC e Ara Més

As asembleas comarcais referendarán a candidatura en abril, para a cal Ana Miranda segue concitando consensos para manterse á fronte.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/03/2024

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volverá concorrer ás eleccións europeas con EH Bildu (Euskadi), ERC (Cataluña) e Ara Més (Baleares) baixo o paraugas da coalición instrumental Agora Repúblicas. Os nacionalistas galegos explican que volven optar por esta fórmula como hai cinco anos, nuns comicios que son de circunscrición única para todo o Estado.

A firma do acordo farase este xoves en Barcelona, no que o BNG estará representado por Rubén Cela, membro da Executiva nacional e responsable de relacións internacionais. Nesta ocasión, o BNG ocupará o terceiro posto dentro da coalición, fronte ao quinto que lle correspondeu nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo, un cambio "significativo", valoran os nacionalistas galegos, que se produce despois do "histórico resultado" conseguido o 18 de febreiro, en que o BNG obtivo 500.000 votos.

PAPELETA BNG

Á marxe da coalición técnica instrumental, o electorado galego votará coa papeleta do BNG e a candidatura propia, co obxectivo de que Galicia "conte con voz propia en Bruxelas para defender os seus intereses".

A candidatura será elixida pola militancia nacionalista en asembleas comarcais durante o mes de abril e o proceso rematará coa súa aprobación definitiva por parte do Consello Nacional, unha lista para a que hai poucas dúbidas internas de que Ana Miranda volverá contar co apoio da militancia.

CAMPAÑA "NETAMENTE" GALEGA

O BNG desenvolverá unha campaña "netamente galega" ao longo e ancho do país para trasladar tanto o traballo feito na Eurocámara en defensa de Galicia ao longo da lexislatura, como as principais liñas de traballo e propostas de futuro en defensa dos intereses dos galegos, en particular, en sectores como pesca e agricultura, en que as decisións que se adoptan en Bruxelas teñen un gran impacto.

Segundo explica o BNG, ademais das forzas xa mencionadas, a coalición Agora Repúblicas tamén conta co apoio de formacións políticas doutros territorios como Canarias e Asturias, que pedirán o voto para a coalición aínda que non estarán integradas formalmente nela.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Arquivo - Josu Juaristi, xunto a Ana Miranda (esq) e Diana Riba. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.