Alcoa en venda: prevé ter en xuño ofertas vinculantes de compradores do complexo de San Cibrao

Xunta e Goberno pecharán un acordo de confidencialidade coa compañía para velar pola "seriedade" das empresas interesadas "no exame das ofertas".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 04/04/2024

Alcoa trasladou na reunión de seguemento deste xoves que prevé ter a mediados de xuño ofertas vinculantes de compradores do complexo industrial de San Cibrao, no municipio de Cervo. Ao termo do encontro en Madrid, o comité de empresa informou de que Alcoa expuxo que xa comezaron os contactos con potenciais compradores, polo que a compañía estima que a mediados de maio haberá ofertas non vinculates, as cales serán vinculantes a medidos de xuño.

Así, Alcoa presentoulles unha situación financeira a cinco anos con liñas de actuación para garantir a viabilidade, nun contexto no que se augura que na segunda metade do ano terminaríanse os fondos e poderíase chegar a considerar unha posible situación de insolvencia.

Pola súa banda, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, explicou que se pediu "concreción" á compañía nos prazos desa venda, polo que a empresa puxo o horizonte de xuño para as ofertas vinculantes. Mostra o "compromiso" da Xunta para "acompañar, examinar e axudar" para conseguir "seriedade" e "solvencia" no comprador. Agora, Xunta e Goberno emprazáronse a pechar un acordo de confidencialidade a próxima semana con Alcoa de cara a unha comunicación entre compañía e ambos os executivos "no exame de ofertas" e "seriedade de empresas" que sexan posibles compradoras.

CUMPRIMENTO DO ACORDO

Entre outras cuestións, a empresa pediu unha flexibilización do rearranque das cubas en función da viabilidade, demandou usar o depósito de garantías para compensar perdas, referiuse a un atraso no investimento do forno de ánodos ata 2026 ligado á viabilidade da operación e apostou por un programa de baixas voluntarias.

Mentres, o comité remarcou que non van modificar o acordo de viabilidade asinado nin tampouco vai permitir "que Alcoa acceda ao depósito financeiro". "Os diferentes mecanismos dos gobernos deben participar e garantir o proceso de venda. É vital que o proxecto de construción do forno de cocción de ánodos se inicie canto antes para garantir a carga de traballo das empresas auxiliares e para a viabilidade da empresa a longo prazo", asegura o comité nun comunicado.

Nesta liña, o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, indica que o plan a cinco anos presentado por Alcoa non presenta "ningunha garantía", con 600 millóns en perdas os primeiros anos, polo que "non ten saída ningunha económica". Por iso, a "única solución que se ve é a venda", pero incide en que "ten que realizarse polo Goberno e a Xunta vixiando todo o proceso, sendo parte e os responsables en calquera decisión final de venda". "Non podemos permitir que sexa Alcoa quen decida a quen vende", pois "o máis importante é buscar viabilidade a longo prazo".

Paralelamente, os representantes dos traballadores requiren a creación inmediata dunha mesa técnica que aborde a urxencia das tramitacións das ampliacións da balsa de lodos (DBR) e parques eólicos, con técnicos de ministerios de Transición Ecolóxica e Industria, así como das consellerías de Industria, Medio Ambiente e Sanidade da Xunta. Pola súa banda, Lorenzana expón que tanto o comité como a Xunta emprazaron a Alcoa a que "continúe no cumprimento do acordo" e execute os investimentos, principalmente o forno de ánodos, que "son imprescindibles para garantir viabilidade e competitividade da fábrica".

A conselleira avisa de que é "moi importante" que se cumpra coa "garantía económica feita para que se poida cubrir ese investimento no caso de que non se chegase a realizarse", ademais para un futuro comprador que "colla a compañía na mellor das condicións posibles". Deixa claro que estarán "vixiantes" para que se garantan o "mantemento" da actividade industrial e os postos de traballo.

GOBERNO: "O COMPRADOR DEBE TER VOCACIÓN DE PERMANENCIA"

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, explicou que "se abriu unha nova opción que é a que puxo a empresa enriba da mesa que é unha posible venda de Alcoa a calquera outra empresa". Subliña que Xunta e Goberno analizarán o proceso de venda, no que o Ministerio de Industria vai "participar activamente" desde o Ministerio de Industria con este proceso. "Si que deixamos claro por parte do Ministerio de Industria que hai unha condición importantísima e é que o futuro comprador, se é que o hai, ten que ter moi claro unha vocación de permanencia", asevera Torró, de forma que a produción "siga en Galicia".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión de seguimento de Alcoa / XUNTA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.