Historias da Ulloa 'Altri Non': O sector servizos alerta das consecuencias para a industria do Camiño de Santiago

A hosteleira Concha Casales teme: "Os peregrinos deixarían de vir a unha zona de malos olores, contaminación, choiva ácida, polución e impacto visual".

Por Amanda Fernández | Lugo | 21/04/2024

Nas anteriores entregas desta serie de reportaxes Historias da Ulloa 'Altri Non'os entrevistados manifestaron o impacto que tería a chegada da macrocelulosa de Altri no ámbito económico e no que respecta ao Camiño de Santiago. Como ben afirmaban sería "unha cadea" e nesta reportaxe afondamos nas consecuencias que tería para o sector servizos, que vive do Camiño Francés. Concha Casales ten un restaurante a pé do Camiño cun "50% de peregrinos e o outro 50% de clientes locais". A pregunta é clara, que pasaría se chega esta fábrica? "O máis probable é que nos afectase negativamente porque non é un sitio axeitado para unha industria tan potente, isto é unha zona rural. Poñer en funcionamento máis de 30 máquinas ocupando un espazo de 3.660.000 metros cadrados de superficie querendo ocultala con respecto ao Camiño de Santiago, non será posible", afirma Concha. 

A hostaleira sostén que, máis aló de que os gases que expulse non sexan superiores aos parámetros legais, obviamente "haberá malos olores, contaminación, choiva ácida, polución e impacto visual". Así, isto terá unha repercusión negativa na calidade de vida e aire, segundo comenta, e que afectarían á xente da zona e aos peregrinos. "Sería principalmente no Camiño Francés, pero tamén polo Camiño Primitivo, que queda ao outro lado de Melide, notarán esa calidade do aire e olores", engade.  

Concha fai fincapé nos anexos do proxecto e convida aos detractores a lelo, porque segundo afirma, "calquera persoa con sentido común se dá conta de que é un despropósito". Para ela poría en perigo o Camiño de Santiago: "É a nosa principal industria, non todos imos ir traballar a Altri, se a cuestión é esa, imos traballar aló ou seguimos xerando emprego e mantemos esta industria, que é un ben inmaterial, o Camiño de Santiago", destaca.  

"PAPEIS CANTAN E BARBAS CALAN"

Ao igual ca nos casos anteriores de veciños entrevistados, non recibíu ningún tipo de información, máis aló da plataforma Ulloa Viva, da que forma parte. Quere reivindicar que está formada por veciños e veciñas e "non dirixidos por algún partido político como se di por aí". Recoñece que os propios partidos manifestaron recentemente a súa posición, pero que desde o inicio é a veciñanza a que está en loita desde Santiso, Agolada, Palas de Rei, Monterroso, Lalín, e demáis concellos que estarían afectados. 

A desinformación vén de atrás, xa que Concha lembra que inicialmente este proxecto se baseaba na "xeración de fibras téxtiles tal e como se anunciou na Xunta de Galicia no ano 2022". A idea, explica, era co fin de facer fibras téxtiles a base de celulosa e que incluso tiñan un proxecto de reciclado de roupa: "Isto foi o que se transmitiu e visto así resultaba unha empresa estupenda e se por riba lle engades os 2.000 postos de traballo, era espectacular e todos encantados", conta. Porén, afirma nestas palabras: "A xente foi espertando, os veciños ían comunicándose ao ler o que figuraba no Diario Oficial de Galicia. Porque non é que sexa algo inventado, senón que está publicado no DOG e os seus anexos, o número 45 do catro de marzo, que algúns case sabemos de memoria. Isto é unha realidade, e os papeles cantan e as barbas falan". 

O EFECTO MULTIPLICADOR DO CAMIÑO DE SANTIAGO

En síntese, considera que os peregrinos non virán a unha zona contaminada, ruidosa, de malos olores e que será unha cuestión que afectará a nivel económico e de saúde. "Todo o tecido económico e social que se xerou en torno ao ben inmaterial que é o Camiño, estaríase perdendo", asegura e destaca tamén o impacto visual, "xa que os eucaliptos non taparán a torre e resto de máquinas". Ademáis, o funcionamento continuado das mesmas sería un foco potente de contaminación acústica, que quitará descanso. 

Reivindica que a zona na que traballa se leva vendendo anos como "actividade turística verde" e que isto é unha cadea na que provedores agrícolas e gandeiros, tamén serán perxudicados. "Creo que non se conoce o efecto multiplicador que ten o Camiño de Santiago, que se descoñece por completo a gandería, así como todo este sector servizos que forma unha potente industria, que se pode esborrallar", lamental. 

Concha, que pensas que pasará? "Eu son optimista porque creo que somos moitos os veciños que estamos en contra e temos o apoio dos nosos concellos. De igual forma, ao coñecer os detalles dos anexos no Diario Oficial de Galicia, a xente tamén cada vez se vai dando máis de conta da magnitude do despropósito que se pretende facer. Ninguén quere preto da casa este tipo de industrias", conclúe Concha.  

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Moine

Viva o PP! Vivam os votantes do PP! Galeguinh@s a emigrar.


Concha Casales, propietaria dun negocio en Melide /Cedida

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.