Un escape dunha queima sen medidas de seguridade, orixe dun incendio forestal en abril en Castrelo de Miño

Os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense foron os encargados de esclarecer as causas deste lume.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/04/2024

Un escape nunha queima sen medidas de seguridade foi, segundo a investigación, a orixe dun incendio forestal rexistrado o pasado mes de abril no municipio ourensán de Castrelo de Miño.

Segundo informou a Xunta, os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense foron os encargados de esclarecer as causas deste lume, que calcinou unhas 0,33 hectáreas se superficie rasa na parroquia de Barral o día 4 de abril.

As chamas, segundo determinaron os expertos, iniciáronse polo escape dunha queima de restrollos realizada sen as necesarias medidas de seguridade. Na extinción participaron un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba. A Policía Autonómica remitiu as dilixencias, cunha persoa investigada, ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. Trátase do primeiro investigado este 2024 en relación a incendios forestais.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un helicóptero traballa na extinción dun incendio forestal / Rosa Veiga - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.