Dous feridos ao chocar un turismo contra un xabaril en Santiago

Un coche se saíu da vía e acabou nas vías do tren en Valga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024

Dúas persoas resultaron feridas este venres en Santiago ao chocar o vehículo no que viaxaban contra un xabaril na A-54. Segundo informou o 112, a colisión tivo lugar cando circulaban pola mencionada estrada, ao seu paso pola parroquia compostelá de Sabugueira, en sentido Lugo.

Explican que o animal os interceptou na vía e chocaron. A consecuencia do impacto, os dous ocupantes sufriron diferentes lesións por mor dos sistemas de retención: airbag e cintos de seguridade.

Pouco antes do dez da noite pasada, o 112 Galicia comezou a recibir varias chamadas por un accidente na autovía A-54. Varios condutores pararon para socorrer os feridos, que saíron do vehículo polos seus propios medios, aínda que con diversas lesións que requirían a asistencia médica.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios. Deste xeito, ademais de sanitarios e axentes de seguridade, solicitouse a presenza dos equipos de limpeza e mantemento (Axencia Galega de Infraestruturas) e recompor así as condicións de seguridade na calzada.

UN COCHE SAE DA VÍA E ACABA NAS VÍAS EN VALGA

Doutra banda, tamén informaron de que un coche se saíu da vía e acabou nas vías do tren en Valga (Pontevedra) ao redor das 21.00 horas.

Para a asistencia do ferido e a retirada do vehículo sinistrado foi necesaria a colaboración do persoal de seguridade de Renfe, pois o coche foise contra a vía férrea tras superar a barreira de seguridade da estrada. Con todo, a circulación ferroviaria nunca se viu afectada, pero si foi necesario facilitar o acceso dos equipos de emerxencia para poder quitar o vehículo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Moine

E queixam-se do lobo! Pergunta: Quem come aos jabaris? Resposta: O lobo


Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.