Ollo coa velocidade na estrada: a DGT comeza este luns unha campaña de control nas vías dun só carril e zonas urbanas

Durante os sete días de campaña de vixilancia e control de velocidade que realizou a DGT entre os días 17 e 23 de abril de 2023, os axentes controlaron a velocidade a 154.028 vehículos en Galicia. Do total de vehículos controlados, 10.866 condutores resultaron infractores e, por tanto, denunciados por exceso de velocidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2024

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) iniciará este luns unha campaña de control de velocidade que incidirá especialmente nas estradas convencionais (as que dispoñen dun só carril en cada sentido) e nas vías urbanas de Galicia. Segundo informou a Delegación do Goberno, a iniciativa ten como obxectivo conseguir unha maior redución da velocidade media e manterase durante toda a semana, ata o domingo 21.

A campaña será coordinada polas xefaturas provinciais de Tráfico e usará o máximo de medios posibles, co aviso, cando sexa posible, da existencia de controis a través dos paneis de sinalización variables e nas pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico. Os controis velarán polo cumprimento dos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos.

DATOS DO PASADO ANO

Durante os sete días de campaña de vixilancia e control de velocidade que realizou a DGT entre os días 17 e 23 de abril de 2023, os axentes controlaron a velocidade a 154.028 vehículos en Galicia. Do total de vehículos controlados, 10.866 condutores resultaron infractores e, por tanto, denunciados por exceso de velocidade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Control de velocidade nunha autovía galega con motos e coches parados / GARDA CIVIL - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.