Detido tras ser sorprendido cortando cunha radial unhas torretas de alta tensión

O home dixo que fora deixado alí por moradores dun campamento chabolista da zona algúns que se adican ao menudeo e venda da chatarra.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 15/04/2024

A Policía Local de Ferrol detivo a un home que foi sorprendido na tarde do sábado mentres fragmentaba cunha radial unhas torretas de alta tensión que acababan de ser derrubadas tras o soterramento da liña eléctrica entre a cidade naval e Narón.

O home, de 47 anos e nacionalidade portuguesa, atopábase na zona cun grupo electróxeno que alimentaba unha radial para cortar as estruturas metálicas. Tras ser interpelado polos axentes, o home asegurou que fora deixado no lugar por moradores do campamento de etnia xitana 'As Chaquetas' para que realizase estes traballos, segundo fontes policiais.

Aos poucos minutos chegou á zona unha furgoneta, que tiña os asentos encartados e estaba conducida por un residente do devandito asentamento que non se decatou da presenza policial. Cando foi cuestionado, afirmou non ter nada que ver co tema pero non puido ofrecer explicacións convincentes sobre o motivo que o levou a acceder a unha estrada sen saída, onde se atopaban as torres de alta tensión que estaban a ser despezadas.

Finalmente, os axentes da Policía Local de Ferrol decidiron trasladar á comisaría da Policía Nacional ao home que cortou a torre de alta tensión, xa que carecía de documentación e non conta con domicilio coñecido. O outro individuo foi identificado o lugar.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Torrete derrubada e cortada con radial en Ferrol / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.