A nova tempada de caza con carácter xeral irá do 20 de outubro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025

Os xabarís poderán cazarse en réxime común desde o 17 ao 31 de agosto de 2024 e desde o 7 de xaneiro ata o 23 de febreiro de 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024

O novo período hábil xeneral para a caza en Galicia estenderase entre os días 20 de outubro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025, tal e como recolle a resolución que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes. A tempada completa será do 1 de agosto deste ano ata o 31 de xullo de 2025. Deste xeito, a nova tempada de caza atrásase cinco días en Galicia en 2024 respecto ao comezo marcado para o 15 de outubro o pasado 2023.

En concreto, considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico. Do mesmo xeito, a xornada, ao ser unha actividade que só se pode practicar no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois do atardecer, virá determinada polas horas oficiais que se publiquen na web de Meteogalicia.

Ademais dos períodos e xornadas hábiles, a norma tamén define as especies, métodos e limitacións para exercer a actividade. No que respecta á caza menor, no caso da becada e a agachadiza, o período xeral tamén abarcará do 20 de outubro ata o 6 de xaneiro do próximo ano (aínda que poderá ampliarse ata o 9 de febreiro en terreos de réxime cinexético especial). Para a lebre, unicamente se autoriza a súa caza no período hábil comprendido entre o 20 de outubro e o 24 de novembro de 2024 e en terreos de réxime cinexético especial. O coello e a perdiz pódense cazar no período hábil de caza menor.

Con respecto ao raposo, poderanse autorizar batidas desde o 1 de setembro ata o 19 de outubro de 2024, así como desde o 7 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 2025. Na caza menor nos terreos de aproveitamento cinexético común non se poderán usar máis de catro cans por cazador. No caso dos grupos, que non poderán estar conformados por máis de seis persoas, o máximo de cans será de 12.

CAZA MAIOR

No relativo á caza maior, os machos adultos de corzo poderán capturarse en terreos de réxime cinexético especial de 17 de agosto a 19 de outubro de 2024, podendo cazarse tamén en espreita desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2025. As femias adultas permanecen vedadas con carácter xeral, permitíndose a súa caza puntual por danos e tamén nos tecores se está tecnicamente xustificada de acordo coa situación real da poboación en cada tecor.

No que respecta ao xabaril, no réxime cinexético común poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos desde o 17 ata o 31 de agosto de 2024 e desde o 7 de xaneiro ata o 23 de febreiro de 2025. No período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 5 de xaneiro de 2025, ambos os incluídos, unicamente poderase cazar os sábados. Así mesmo, no réxime cinexético especial a tempada irá do 17 de agosto de 2024 ao 23 de febreiro de 2025, os xoves, sábados, domingos e festivos nas modalidades de batida, montería e espera.

Nos terreos de réxime cinexético especial, que non teñan cuberta a cota de capturas de xabaril aprobada para a tempada 2024/25, poderán cazar esta especie nas espreitas de corzo que teñan aprobados no correspondente plan anual de aproveitamento desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2025.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Varios homes cazan durante o arranque da tempada de caza en Galicia, a 15 de outubro de 2023, en Vilalba, Lugo / Carlos Castro - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.