Rueda apoiará este mércores ao candidato do PP vasco na recta final das eleccións

Fontes do PPdeG confirmaron a Europa Press que pola tarde está previsto que Rueda manteña un encontro con directivos de centros galegos de Biscaia no Centro Galego de Santurtzi.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os titulares dos Executivos de Andalucía, Juanma Moreno; Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; e de Baleares, Marga Prohens, desprazaranse a Euskadi nesta última semana de campaña para apoiar ao candidato popular, Javier de Andrés.

En concreto, este mércores 17 está convocado un acto do aspirante popular con catro presidentes autonómicos no Palacio Euskalduna, en Bilbao. Fontes do PPdeG confirmaron a Europa Press que pola tarde está previsto que Rueda manteña un encontro con directivos de centros galegos de Biscaia no Centro Galego de Santurtzi.

Pola súa banda, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, desprazarase de novo o venres a Euskadi para pór o broche á campaña dos populares vascos, cun acto político pola tarde no polideportivo de Sansomendi de Vitoria. Alí, xunto a Javier de Andrés, pedirá o voto ao PP como "única garantía" de que EH Bildu non acceda ao Goberno Vasco.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Cartel de aviso do acto do candidato en Euskadi con presidentes autonómicos / PP VASCO

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.