Rueda, Corgos, Comesaña e Almuiña terán que declarar na comisión dos contratos da pandemia no Congreso

Na lista aprobada hai cinco presidentes autonómicos do PP, numerosos cargos 'populares' e nomes vinculados ao noivo de Ayuso

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 16/04/2024

A lista de 134 comparecentes aprobada este martes pola comisión de investigación do Congreso sobre os contratos de emerxencia en pandemia inclúe aos principais nomes do chamado 'caso Koldo', pero tamén a unha trintena de membros do PP, incluíndo cinco presidentes autonómicos --entre eles, o galego Alfonso Rueda--, e a empresarios e intermediarios vinculados a casos que afectaron aos 'populares'.

A base da listaxe son os 84 nomes que rexistrou o PSOE a pasada semana, pero, para asegurarse a súa aprobación, os socialistas aceptaron incorporar a medio centenar de persoas propostas por outros grupos parlamentarios.

De Galicia, ademais da Rueda, cítase ao conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; ao que ata agora era responsable de Sanidade, Julio García Comesaña, que foi substituído por Antonio Gómez Caamaño; e o seu antecesor no cargo, Jesús Vázquez Almuiña --Comesaña e Almuiña xestionaron o groso da pandemia en Galicia--.

Tamén está citado o exvicepresidente segundo da Xunta durante a pandemia, agora deputado no Congreso, Francisco Conde; e a quen ocuparon ou ocupan outros cargos ligados ao Servizo Galego de Saúde --Antonio Fernández-Campa, ou José Flores-- e a outros departamentos autonómicos, como Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo.

Aínda que a comisión de investigación creouse coa primeira finalidade de esclarecer os contratos subscritos polo Goberno central, o PSOE primou as comparecencias do segundo punto, o de examinar os procedementos de contratación de emerxencia nas outras administracións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento de Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.