Cachan no Grove un camión portugués con 1.674 quilos de ameixa xapónica sen documentación

Ao requirirlle ao condutor a documentación para o transporte manifestou que carecía dela, que a trae desde Portugal e o destino é unha depuradora da comarca do Salnés.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/04/2024

A Garda Civil do Grove interveu na PO-316 un camión portugués con 1.674 quilogramos de ameixa xapónica sen documentación. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado domingo 14 de abril e, ao dar o alto ao camión isotermo, comprobaron que a carga era unha gran cantidade de sacos deste bivalvo.

Ao requirirlle ao condutor a documentación para o transporte manifestou que carecía dela, que a trae desde Portugal e o destino é unha depuradora da comarca do Salnés. A patrulla púxose en contacto coa confraría de pescadores do Grove e procederon a trasladar o camión á lonxa para a pesada dos sacos. Así, tratábase de 93 sacos de ameixa xapónica, algunha delas non regulamentaria por non dar a talla, cun peso total de 1.674 quilogramos.

Por iso, procederon á aprehensión da carga e do furgón, que quedou todo depositado na lonxa a disposición de vixilancia pesqueira de Vilagarcía de Arousa da Xunta. Ademais, cursaron unha denuncia por infracción á normativa sobre pesca, dando conta á Consellería de Sanidade e á de Medio Ambiente.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ameixa intervida / GARDA CIVIL

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.