Vinte colectivos solicitan por escrito á Xunta que solucione o "abandono" das rías galegas

A primeira destas medidas demandas é un plan de rexeneración dos bancos marisqueiros acompañada de de un plan de saneamento integral das rías

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024

Unha vintena de colectivos solicitaron por escrito ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, "que non deixe abandonada as rías galegas" e que "aborde e dea solucións" aos problemas que as afectan.

Un centenar de representantes dos colectivos asinantes, entre os que figuran varias confrarías, agrupacións de mexilloeiros e de mariscadoras tanto a pé como á boia, así como plataformas ecoloxistas, concentráronse este xoves fronte á sede da delegación da Consellería do Mar en Carril.

Alí fixeron entrega da carta dirixida ao conselleiro, na que advirten dun "crítico retroceso produtivo das rías galegas nos últimos anos", polo que solicitan unha serie de "medidas estruturais" que garantan a calidade das augas do medio mariño.

A primeira destas medidas demandas é un plan de rexeneración dos bancos marisqueiros acompañada de de un plan de saneamento integral das rías. Os asinantes tamén reclaman da consellería un cambio na normativa de augas que obrigue á regulación e publicidade do protocolo dos desembalses e un plan de control das verteduras a ríos e rías.

MEDIDAS SOCIECONÓMICAS

Ademais destas medidas estruturais, os colectivos que se concentraron en Carril tamén esixen unha serie de medidas socioeconómicas "ata que se recupere a actividade" marisqueira, a primeira dela, a exención das cotas da Seguridade Social por parte do Estado para todas as mariscadoras.

Así mesmo, esixen axudas directas á Xunta do SMI a todas as mariscadoras que sexan compatibles coa rexeneración dos bancos marisqueiros. Doutra banda, reclaman subvencións a toda a cadea do sector do mexillón --tanto produtores, como cocederos, depuradoras e fábricas de conserva-- polas perdas dos exercicios 2022 e 2023.

Outra das medidas solicitadas é un programa de axudas directas ás confrarías con actividade marisqueira para que poidan manter os postos de traballo.

Por último, a carta enviada ao conselleiro do Mar tamén inclúe a petición de axudas a sectores indirectamente afectados por esta crise, como son os comercializadores de marisco entre as lonxas e as depuradoras, no seu maior parte traballadores autónomos que traballan por comisión por quilo, así como para os traballadores de depuradoras e transformadoras.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Protesta dos Mariscadores de Carril. MARISCADORES DE CARRIL / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.