9J.- O BNG levaría un 0,5% do voto nas europeas e hai empate entre PP e PSOE segundo o CIS

O CIS xa incluíu no seu barómetro de abril unha primeira pregunta directa sobre as eleccións ao Parlamento Europeo, e entón o PP aparecía na cabeza cun punto de vantaxe sobre o PSOE

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 23/04/2024

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) outorga un 0,5% en intención directa de voto ao BNG para as eleccións europeas do 9 de xuño, ás que a formación frontista concorrerá en coalición con EH-Bildu e ERC, que o barómetro sitúa cun 0,6% e un 0,8%, respectivamente.

A enquisa sobre Opinións e Actitudes ante a Unión Europea elaborada polo CIS sitúa ao PSOE e ao PP en empate técnico en intención directa de voto para as eleccións europeas do 9 de xuño, cun 19,3% disposto apoiar a candidatura socialista que se presente e un 19,2% á do PP.

O CIS xa incluíu no seu barómetro de abril unha primeira pregunta directa sobre as eleccións ao Parlamento Europeo, e entón o PP aparecía na cabeza cun punto de vantaxe sobre o PSOE: 23,4% fronte a un 22,4%, aínda que un 21,8% de enquisados dixo que non sabía que vai votar nestes comicios, outro 3,2% que evita pronunciarse, un 3% que menciona a outras formacións minoritarias, e un 3,5% que xa pensa en absterse.

Na enquisa sobre 'Opinións e actitudes ante a UE', feita pública este martes e baseada en 3.750 entrevistas telefónicas realizadas do 9 ao 13 de abril, unha semana despois que o barómetro, o CIS volveu a preguntar pola intención de voto ante os comicios do 9 de xuño.

PSOE E PP PERDEN TRES E CATRO PUNTOS NUNHA SEMANA

Trátase doutra pregunta directa para unha resposta espontánea, sen 'cociña' nin cálculo de estimación de voto, e agora o resultado é un empate e son máis os enquisados que aínda non se pronuncian.

Así, se mañá mesmo fosen as eleccións europeas, un 19,3% dos entrevistados xa anuncia a súa intención de votar ao PSOE e un 19,2% ao PP, e todo iso a pesar de que ningún dos dous grandes partidos desvelou a súa cabeza de lista para as europeas do 9 de xuño. Moi lonxe aparecen Vox cun 4,7%, Sumar cun 2,9% e Podemos cun 2,3%, e outras opcións como "o partido de Alvise" e Junts, ambos co 0,9%.

AUMENTAN OS INDECISOS

Pero iso si, nesta segunda enquisa hai un 31,8% de enquisados que aínda non sabe que papeleta collería, un 6% que evita contestar, e outro 4,7% que asegura que non votaría. É dicir, entre unha enquisa e outra, con apenas unha semana de diferenza, o PSOE e o PP deixáron entre tres e catro puntos en voto directo e os indecisos subiron dez puntos.

As eleccións europeas xa están formalmente convocadas, esta semana acaba o prazo para constituír coalicións e non tardarán en coñecerse todos as cabezas de lista, e é previsible que en maio o CIS xa presente unha primeira enquisa preelectoral na que, ademais das preguntas de intención directa de voto, engadirá un cálculo de estimación de voto.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ana Miranda na Eurocámara / Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.