A Xunta "baixará" os decibeles das grandes orquestras para cumplir as normativas de ruído en 2030

Galicia rexistra niveis "aceptables" na última década, aínda que en 2023 "houbo bastante ruído".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, prevé que Galicia cumpra o obxectivo de reducir un 30 % o ruído do tráfico en 2030. "Estou segura de que o imos a conseguir", asegurou. Con motivo do Día Internacional de Concienciación, a conselleira visitou unha estación de Meteogalicia en Santiago, situada na contorna de San Caetano, que mide ruídos e calidade do aire. Alí, Ángeles Vázquez pediu "baixar un pouco" os decibeles das grandes orquestras para facer "máis fácil" a convivencia cos veciños.

Así, a Xunta valora que Galicia rexistrou na última década niveles de ruído "aceptables", aínda que en 2023 "houbo bastante ruído". A conselleira asegura que é necesario "concienciación e traballo" nesta materia que repercute na calidade de vida. Neste sentido, Ángeles Vázquez remarca que "en Galicia se vive ben" e cúmprense "todos os límites", cun esforzo para ter datos, o que contrasta con outras comunidades con medicións mínimas. Nese sentido, sinala que no nivel de ruído inflúe o volume de tráfico e os pavimentos, así como as festas estivais.

UNHA DECENA DE SONÓMETROS

Pola súa banda, Juan Taboada, meteorólogo de Meteogalicia, explicou que hai unha rede cunha decena de sonómetros na comunidade de diferentes tipoloxías, unhas para tráfico, outras de ruído ambiental e mesmo serven para o son que fan as treboadas. Lembra que foi "bastante impresionante" que na estación compostelá do Campus alcanzáronse o pasado outubro "niveles de ruído case equivalentes ás estacións que miden o tráfico". Estas estacións de ruído levan unha década de medicións, os seus datos son abertos e actualízanse cada 10 minutos. Están situadas en: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago (2), Ferrol, Lalín e Laza.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita unha estación de calidade do aire e ruído de Meteogalicia con motivo da celebración do Día internacional de concienciación sobre o ruído ambiental / Xoán Crespo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.