A Xunta esixe ao Goberno central "aclarar" a tramitación de zona catastrófica dos bancos marisqueiros

A declaración de zona catastrófica vén das elevadas precipitacións do outono e que reduciron a salinidade da auga

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024

O conselleiro de Mar, Alfonso Villares, esixiu ao Goberno central "claridade" na tramitación da solicitude de declaración de zona catastrófica para os bancos marisqueiros afectados polas extraordinarias precipitacións do outono que causaron unha alta mortalidade nos bivalvos.

Este é un dos temas tratados, segundo explican nun comunicado, polo representante autonómico, que se reuniu coa secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, e a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Aurora de Blas, no marco da celebración da feira internacional Seafood Expo Global en Barcelona.

O obxectivo, apuntan, foi coñecer de primeira man o nivel de tramitación que se dá ás necesiades da cadea mar-industria, así como insitir en "as máis urxentes, cruciais para un sector estratéxico e prioritario para Galicia".

Respecto da solicitude de declaración de zona catastrófica, lembrou que a Xunta puxo en marcha axudas extraordinarias para os profesionais en cesamento de actividade, mentres que o Executivo estatal "segue sen materializar medidas de apoio para o sector marisqueiro" como a exención das cotas á Seguridade Social ou achegas económicas que permitan paliar a diminución de ingresos destes traballadores.

Por outra banda, Villares espera poder abordar en próximas reunións o procedemento de tramitación do Perte para a cadea mar-industria, "aprobado recentemente despois de máis de dous anos de espera e dotado con só 40 millóns de euros, moi lonxe dos 400 millóns que pedía o sector".

A este respecto, Villares insistiu en que se trata dunha actividade económica "estratéxica e prioritaria" para Galicia, que factura anualmente 9.000 millóns de euros "polo que resulta esencial reforzar estas axudas con novas liñas acompañadas de partidas orzamentarias á altura do peso na economía da industria pesqueira".

AVAL DO TC Á LEI DO LITORAL

Desde Barcelona, o conselleiro manifestou a súa "satisfacción" pola sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei do Litoral de Galicia. "Gañou Galicia fronte a un recurso que ía en contra do noso sector pesqueiro e que, como quedou de manifesto, tiña moito de político e nada de xurídico", declarou.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O conselleiro de Mar, Alfonso Villares, reúnese en Barcelona coa secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, e a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Aurora de Blas.. XUNTA DE GALICIA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.