Nace Xornal de Compostela, o xornal dixital en galego da capital de Galicia

Como a sombra dunha acinheira que já não sabia a idade nace o Xornal de Compostela, unha nova fiestra aberta á información da cidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2024

Santiago de Compostela e a súa área metropolitana contarán a partir deste 25 de abril coa súa particular Revolución dos Cravos no mundo mediatico. Trátase de Xornal da Compostela (www.xornaldecompostela.gal), o diario dixital en galego da capital de Galicia e a súa área que abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención á cultura, á mocidade e universidade, aos barrios, aos movementos sociais, medio ambiente e ao patrimonio.

Xornal de Compostela nace, ademais, asociado a Galicia Confidencial, o principal medio dixital en galego do país, e cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner (www.novobanner.com) na que tamén están outros medios dixitais locais como www.quepasanacosta.gal, xornaldacoruña.gal, xornaldevigo.gal, amariñaxornal.gal, lugoxornal.gal ou xornaldelemos.gal. 
 
Este novo medio conta con David Sobrino na área de Redacción e Miriam Ferraces Fernández, nas redes sociais. Entre as firmas convidadas están ou estarán Daniel Chapela, Flora Miranda Pena, Xiana Vilas, Lois Froiz, Serxio María Rodríguez, Xulia Campo ou Alfonso Espiño, entre outras. O Xornal de Compostela está supervisado por Xurxo Salgado.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Portada do Xornal de Compostela

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.