Evacúan o alumnado do IES Arzúa por risco de incendio debido á avaría dun ordenador

Á chegada dos bombeiros ao lugar, os alumnos xa estaban fóra de clase

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024

Os alumnos do IES Arzúa tiveron que ser evacuado este mércores por risco de incendio ao averiarse un computador no interior dunha aula.

Segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, o parque comarcal de Arzúa foi avisado ás 13,50 horas. Á chegada dos bombeiros ao lugar, os alumnos xa estaban fóra de clase.

Así, identificouse o problema nunha CPU que estaba a botar fume. Os profesores informaron de que saíron faíscas tanto dese computador como de diferentes equipos informáticos doutras aulas, polo que os bombeiros procederon a ventilar a estancia e cortar a luz. No operativo tamén participou a Policía Local de Arzúa.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Evacuados os alumnos do IES Arzúa por risco de incendio ao averiarse un computador. CONSORCIO ARZUA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.