Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024
O portavoz dos socialistas no Parlamento galego e aspirante a Secretaría Xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, manifestou o seu apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o seu anuncio de que abre un período de reflexión sobre o seu futuro á fronte do Executivo central tras as investigacións á súa esposa, Begoña Gómez.
Nun vídeo difundido polos socialistas galegos, Besteiro manifesta "todo" o seu apoio a Sánchez, ao que traslada que sabe "perfectamente" en que situación se atopa, nunha alusión ás investigacións xudiciais contra el, finalmente arquivadas, que o levaron a abandonar a política temporalmente. Unhas denuncias que partiron dunha misiva anónima da líder do PP de Lugo, Elena Candia.
"Sei perfectamente polo que estás a pasar. Esa impotencia polas calumnias da dereita, por unha campaña sucia que parece non ter. O prezo que pagas ti e o que paga a túa familia. Seino perfectamente", sinalou o candidato á Presidencia da Xunta nas últimas eleccións autonómicas e que este domingo será proclamado novo líder dos socialistas galegos no Congreso Nacional Galego que se celebra en Santiago. Besteiro pecha o seu vídeo dando as grazas a Sánchez por "demostrar que na política non todo vale". "Tes todo o meu apoio, presidente", conclúe.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Mitin en Ourense do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro / ROSA VEIGA / Europa Press