Ferido de gravidade un menor que caeu dun tellado cando recollía unha pelota en Dumbría

O rapaz precipitouse dende unha altura duns tres metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2024

Un neno duns 15 anos de idade resultou ferido de gravidade ao caer na tarde deste domingo desde un tellado cando trataba de recoller unha pelota. Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar minutos antes das 18,00 horas este domingo na parroquia de Olveira, no municipio coruñés de Dumbría.

O menor, que se atopaba xogando coa pelota, resultou ferido tras precipitarse dunha altura duns tres metros e golpearse na cabeza. Ao lugar acudiu unha ambulancia con persoal sanitario da PAC de Cee, así como o helicóptero do 061, que trasladou ao menor a un centro hospitalario.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Sala de operacións 112 Galicia / XUNTA - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.