Diagnostican en Vigo un raro caso de apendicitis: unha muller de 68 anos que tiña o apéndice no lado esquerdo

O caso tivo lugar no Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo, que indica que "a localización esquerda do apéndice débese a unha malformación intestinal que se dá nun de cada 500 nacementos, un 0,2 % da poboación".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/05/2024

O Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo diagnosticou un "raro caso de apendicitis esquerda" nunha paciente de 68 anos, intervida e xa recuperada, segundo informa. Sobre o mesmo, indica que "a localización esquerda do apéndice débese a unha malformación intestinal que se dá nun de cada 500 nacementos, un 0,2 % da poboación".

Ademais, sinala que o TAC abdominal foi determinante para que o especialista a cargo do caso "diagnosticase a estraña patoloxía e evitar unha peritonitis". A paciente, de 68 anos, acudiu ao servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo cunha dor abdominal en flanco esquerdo que persistía durante 24 horas e, finalmente, o TAC permitiu determinar a presenza de "unha anomalía morfolóxica en colon".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Apéndice / Commons

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.