Ence nega estar detrás da mortaldade de peixes na ría de Pontevedra

Di que a súa biofábrica "opera con total normalidade" e non rexistrou "ningún tipo de incidente nin anomalía".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/05/2024

A empresa Ence saíu ao paso da denuncia pública feita pola Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) sobre a situación de mortaldade dos peixes nunha zona da baía, e asegurou que dita circunstancia "non garda ningunha relación" coa súa actividade.

Nas últimas horas, a APDR sinalaba que, na noite do sábado, detectouse unha gran presenza de peixes mortos na ría e no río Lérez, concretamente na zona entre a planta de Ence e a ponte de Santiago. A empresa subliñou que a súa biofábrica "opera con total normalidade" e non rexistrou "ningún tipo de incidente nin anomalía". Respecto diso, lembrou que a súa actividade "está permanentemene monitorada e cumpre folgadamente con toda a normativa ambiental".

A APDR sinalara que este episodio coincidiu no tempo "coa existencia en Pontevedra dun forte cheiro a celulosa e, tamén, cunha xornada de intensa choiva" que fixo que a Xunta activase o plan ante risco de inundacións no río Lérez.

Ence negou calquera relación e subliñou que o coidado do medioambiente "é prioritario, como demostran os recoñecementos" que ten a planta: a ecoetiqueta dos países nórdicos Nordic Swan, a Medalla Ouro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental ou o recoñecemento outorgado por Aenor polos últimos 20 anos de coidado ambiental. Ademais, incidiu, a compañía foi recoñecida como a empresa máis sustentable do seu sector por entidades internacionais como Sustainalytics e Ecovadis.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Peixe morto atopado /APDR

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.