(Vídeo) Pistolas taser e un amplo operativo na desarticulación dun punto de venda de droga en Cambre

Houbo dous detidos e a incantaución de haxix.

Por Galicia Confidencial | Cambre | 07/05/2024

O Equipo Territorial da Policía Xudicial de Cambre, en colaboración coa Unidade de Seguridade Cidadá de Comandancia (USECIC) e o Servizo Cinolóxico da Comandancia da
Garda Civil da Coruña, desarticulou un punto de venda de sustancias estupefacientes en Cambre e detivo a dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na fase de explotación da operación Carecas.
 
A mencionada operación, tutelada desde o principio polo Xulgado de Instrución nº 3 da Coruña, iniciouse ao ter coñecemento os compoñentes do ETPJ da posible existencia dun punto de venda de sustancias estupefacientes a menores de idade. Inmediatamente iniciaron unha investigación, realizando un control das actividades da referida vivenda constatando que o morador da mesma recibía constantes visitas de menores de idade para a adquisición deste tipo de sustancias.
 
Varios integrantes do Instituto armado, con armas e pistolas taser, entraron na vivenda e acharon 138 dose de haxix, catro básculas de precisión, diversos útiles empregados na preparación de dose, como bolsas de plástico, ferramentas para cortar e outros utensilios.
 
A Garda Civil procedeu á detención do morador, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, así como á incautación dos efectos atopados. O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda da Coruña, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penal.
 
A operación mantívose aberta, logrando como froito do traballo de campo realizado, tamén a identificación plena do suposto provedor do punto de venda desmantelado, resultando ser un veciño da localidade de 20 anos de idade. Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor dun delito contra a saúde pública. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Operación da Garda Civil en Cambre na desarticulación dun punto de droga / Garda Civil

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.