(Vídeo) Gran susto para a orquestra Panorama en Madrid: un 'rebentón húmido' a piques de destrozarlle o palco

Este fenómeno meteorolóxico é unha corrente de aire descendente moi forte asociada a unha precipitación brusca.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/05/2024

Un fenómeno meteorolóxico coñecido co nome de 'rebentón húmido' impediu que as festas de Valdemoro, en Madrid, se celebrasen o pasado domingo. Estaba prevista a actuación da orquestra Panorama, que xa tiña o seu palco montado. A forza do vento e a choiva puxo en risco a integridade tanto dos seus artistas como do propio escenario, que resistiu, con poucos danos. Segundo informa a orquestra nas súas redes oficiais, xa se traballa na reparación dos desperfectos. 

Este 'rebentón húmido', que tivo lugar sobre as 23.00 horas, é unha corrente de aire descendente moi forte asociada a unha precipitación brusca. Non ten unha longa duración, xa que non adoita estenderse máis aló dos 30 minutos, pero a espectacularidade das imaxes viralizouse rapidamente en redes sociais polas gravacións realizadas por algúns dos presentes na zona. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



'Reventón húmido' en Valdemoro mentres estaba montado o palco da orquestra Panorama / Redes sociais

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.