Auroras boreais en Galicia este venres

Diferentes puntos da xeografía galega rexistraron na noite do pasado venres un fenómeno de auroras boreais que foi visible a latitudes moi baixas no hemisferio norte, ao desencadearse unha treboada solar (xeomagnética).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2024

Diferentes puntos da xeografía galega rexistraron na noite do pasado venres un fenómeno de auroras boreais que foi visible a latitudes moi baixas no hemisferio norte, incluída España, ao desencadearse unha treboada solar (xeomagnética). Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a aurora boreal (auroras polares do hemisferio norte) é un fenómeno de electricidade atmosférica (electrometeoro) "consistente nun fenómeno luminoso que aparece nas capas superiores da atmosfera en forma de arcos, bandas, cortinas, etcétera".

Explica que, ao contrario que os fenómenos meteorolóxicos habituais, fórmanse moito máis arriba da troposfera, normalmente a unha altitude de entre 90 e 150 quilómetros. "As auroras aparecen pola interacción entre o vento solar e o campo magnético da Terra. O vento solar é máis forte en momentos próximos á máxima actividade solar, que se produce en ciclos de entre 10 e 12 anos", conta a Aemet.

Actualmente, estase preto do máximo de actividade solar, polo que as auroras polares débense á presenza de partículas cargadas eléctricamente e exectadas desde o sol (o vento solar), as cales actúan sobre os gases enrarecidos das capas superiores da atmosfera. Así, desencadéase unha treboada xeomagnética, o que permite percibir auroras desde latitudes máis baixas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Aurora boreal sobre Pena Trevinca este venres 10 de maio / Trevinca Skies

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.