O BNG apela a "defender a democracia" o 9X fronte a un PP "máis ultra": "Corren malos tempos para a democracia"

Foi nun acto ante a Casa Cornide, propiedade do Franco, e con demanda da súa devolución ao patrimonio público.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/05/2024

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu, xunto á candidata da formación ás eleccións europeas, Ana Miranda, "defender a democracia" para construír unha "Europa antifascista" fronte á extrema dereita e un PP "máis ultra". "Corren malos tempos para a democracia", aseverou Pontón nun acto ante a Casa Cornide, propiedade dos Franco e cuxa devolución ao patrimonio público reclama, entre outros, a formación nacionalista. Foi nunha intervención con críticas ao PP respecto da súa política coa familia Franco.

Deste inmoble, Pontón dixo que é un exemplo de que "no Estado español permítese o franquismo sen Franco". Tamén cualificou de "escándalo democrático" que non se devolveron bens "roubados ao pobo". Fíxoo na mesma liña que Miranda, que apelou ao traballo do BNG en Europa para denunciar este tipo de situacións ou a súa petición de ilegalización da Fundación Franco na Eurocámara. "Quen lle dá ás á extrema dereita é un PP cada vez máis ultra como vimos onte con Rueda", dixo, á súa vez, Pontón sobre o presidente da Xunta e a mobilización convocada en Madrid contra a amnistía polo PP nacional e con presenza dos máximos mandatarios autonómicos.

"Rueda á beira dos sectores máis reaccionarios mentres o BNG estaba coa cidadanía galega, dicindo alto e claro que non quere industrias contaminantes como a de Altri en Palas de Rei", engadiu sobre a mobilización convocada contra a mesma. Todo iso con referencias ao "escano galego do BNG" como a garantía para constribuir a construír unha "Europa antisfascita" e para defender "a democracia, os dereitos e as liberdades desde a diversidade lingüística", insistiu Pontón.

APERTURA DA CASA CORNIDE

Fíxoo en liña co manifestado tamén pola candidata do BNG Ana Miranda, quen reprochou que a Casa Cornide "aínda pertenza aos Franco", nun acto no que se demandou á Xunta que faga cumprir aos Franco a obrigación de apertura do inmoble ao público catro días ao mes, ao tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC). Isto, segundo o BNG, supón un exemplo de "impunidade do franquismo", incidiron nun acto con chamamentos a defender a "memoria democrática". "Votar ao BNG é votar a unha candidatura antisfascita", insistiu Miranda, quen apelou a combater á ultradereita e aos que a "blanquean", en alusión ao PP.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Acto do BNG polas eleccións europeas ante a Casa Cornide / BNG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.