Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2024
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou este mércores que as eleccións europeas do próximo 9 de xuño "non van de Sánchez nin de Feijóo" e engadiu que tampouco se trata "de importar para Galicia a crispación madrileña" se non que, asegurou, esta nova cita da cidadanía coas urnas ten que ver coa "vida dos galegos e as galegas" e o que se están "xogando no Parlamento europeo". Ana Pontón e a cabeza de lista do BNG para as eleccións europeas, Ana Miranda, participaron, xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha repartición electoral dentro da campaña dos comicios ao Parlamento europeo.
Neste marco, Pontón defendeu que "a garantía que teñen os galegos e as galegas de que Galicia estea representada no Parlamento europeo" é o BNG, xa que a formación é a que leva "a voz" de todas as persoas que queren ter acceso á vivenda, dos mozos que queren "ser escoitados e ter un emprego digno" e tamén dos sectores produtivos. Pontón sumou a estes compromisos "a defensa do saneamento das rías" e dun modelo sustentable, polo que animou á cidadanía a que participe o próximo 9 de xuño "e que con orgullo e con ilusión collan a papeleta do BNG".
A VOZ GALEGA EN EUROPA
Pola súa banda, Miranda reafirmou o seu compromiso para seguir sendo a "voz galega en Europa" e repasou o labor desenvolvido ao longo dos últimos anos en Bruxelas en defensa de Galicia e dos seus sectores produtivos, como os da pesca e o marisqueo, e a favor de "modelos urbanos sustentables". Ademais, avogou por construír unha Europa dos pobos e das persoas, dos dereitos sociais e da xustiza social, "na que se poida ter saúde, unha Europa inclusiva, para todo o mundo".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ana Pontón e Ana Miranda participan nunha repartición electoral en Pontevedra / BNG