9X- Beiras tomará a palabra nun mitin do BNG por primeira vez en 12 anos o próximo mércores

Tras selar a reconciliación do nacionalismo na campaña das autonómicas, o cofundador de Anova intervirá nun acto na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/06/2024

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras volverá participar nun mitin do BNG 12 anos despois da ruptura do nacionalismo galego en Amio. Será este mércores, ás 20.30 horas, no Palexco da Coruña. Aínda que durante a campaña das autonómicas o exlíder do Bloque e cofundador de Anova asistiu a varios actos do BNG e mesmo interveu nalgún con Ana Pontón, esta será a primeira vez que tome a palabra nun mitin.

Tras selar a reconciliación de cara aos comicios celebrados en febreiro despois de máis dunha década desde o cisma de Amio, Anova volveuse a situar de novo á beira do Bloque para pedir o voto para Agora Repúblicas co obxectivo de conseguir que Ana Miranda "siga sendo moitos anos a voz de Galicia e das causas xustas" en Bruxelas, tal e como reivindicou o seu portavoz nacional, Martiño Noriega, nun acto de precampaña en Santiago.

E é que tanto Noriega como Beiras xa participaron o 20 de maio nun acto de precampaña do Bloque xunto a Pontón e Miranda, onde o exlíder do BNG reivindicou que a candidatura nacionalista ás eleccións europeas representa a defensa do "proxecto da Europa orixinal" concibida a mediados do século XX como unha idea de "confederación" entre "os pobos" do vello continente "indisociablemente unido" ao compromiso coa "auténtica democracia". No mitin, ademais de Beiras, Ana Pontón e Ana Miranda, participará tamén o portavoz do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, e Keina Espiñeira, da candidatura nacionalista a estes comicios.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ana Miranda, Martiño Noriega, Ana Pontón e Xosé Manuel Beiras nun acto de precampaña das europeas do BNG en Santiago / BNG - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.