9X- O BNG pon o foco na pesca: promete defender en Europa a Galicia como zona altamente dependente da pesca

Ana Pontón sinalou tamén que o BNG "pelexará" pola derrogación do principio de estabilidade relativa, xa que está "a discriminar" á frota galega, e por acabar coa prohibición de modernizar a frota para non incrementar a capacidade pesqueira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2024

O BNG comprometeuse a defender en Europa o recoñecemento de Galicia como zona altamente dependente da pesca, e a traballar para que teña "voz e voto" na negociación da política pesqueira común. Así o trasladou a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, durante unha visita ao porto de Celeiro, no que mantivo, xunto á candidata, Ana Miranda, un encontro con representantes do sector.

Segundo subliñou Pontón, o recoñecemento como zona altamente dependente da pesca "é unha cuestión de sentido común" que permitiría a Galicia ter acceso a máis recursos, para garantir o futuro desta actividade. "Nós queremos ser a voz que defenda ao sector pesqueiro, cun programa onde recollemos propostas importantes para que Galicia siga sendo unha nación mariñeira", proclamou a líder nacionalista.

Por outra banda, sinalou que o BNG "pelexará" pola derrogación do principio de estabilidade relativa, xa que está "a discriminar" á frota galega, e por acabar coa prohibición de modernizar a frota para non incrementar a capacidade pesqueira. Así mesmo, o BNG avoga por revisar os acordos con terceiros países, sobre todo cos asiáticos, para "protexer mellor" a produción galega, xa que se está importando pescado nun marco de "competencia desleal".

Pontón referiuse tamén á necesidade de revisar urxentemente as vedas á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico, e a importancia de acabar co exceso de burocracia, que entorpece e resta competitividade ao sector. Pola súa banda, Ana Miranda reclamou unha reforma da Política Pesqueira Común "para que se teñan en conta os intereses do sector pesqueiro galego, e avogou porque Galicia teña "voz e voto" na Comisión Europea de Pesca. Así, insistiu en que "se o BNG non está, ninguén máis vai defender á pesca galega". Finalmente, apuntou a importancia de impulsar a substitución xeracional e apostar pola formación das persoas que traballan no mar.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a candidata ás europeas, Ana Miranda, no Porto de Celeiro, a 3 de xuño de 2024 / BNG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.