9X.- Unha xornada de reflexión 'en familia': os candidatos galegos elixen recuperar tempo cos seus este sábado

A que hora teñen previsto votar e onde? E os líderes dos partidos?

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2024

Os plans en familia gañan por goleada na xornada de reflexión deste sábado previo á cita coas europeas do 9 de xuño. De feito, por esta vía optaron case todos os candidatos galegos á Eurocámara, entre eles o socialista Nicolas González Casares, quen foi pai por primeira vez durante a campaña electoral. O socialista, ademais, prevé dar un paseo pola localidade de Lalín.

Tamén o popular Francisco Millán Mon aproveitará para dar un paseo polo centro de Pontevedra, a súa cidade, e tomar un aperitivo en compañía do seu irmán e da súa cuñada.

O outro candidato con orixes galegas en postos de saída da lista do PP, Adrián Vázquez, pola súa banda, terá un plan máis ligado á actividade político e prevé almorzar, sobre as 10,30 horas no Hotel Attica 21 da cidade herculina con interventores e apoderados do PP da Coruña.

Pola súa banda, a cabeza de cartel do BNG, Ana Miranda, pasará a xornada de reflexión descansando e compartindo lecer coa súa familia e amizades no barrio vigués de Bouzas. Sobre mediodía, estará na terraza cuberta do Liceo Marítimo.

CANDO E ONDE VOTAN

Os candidatos do PSdeG, Nicolás González Casares, e de BNG, Ana Miranda, ás eleccións europeas deste domingo 9 de xuño irán ás urnas sobre as 10,00 horas deste domingo. O socialista votará no Pavillón Municipal de Lalín, mentres que a nacionalista depositará a súa papeleta no Centro Social de Bouzas.

No caso dos candidatos populares vinculados a Galicia que van en postos de saída na lista do PP á Eurocámara, o pontevedrés Francisco Millán Mon, e Adrián Vázquez, cuxos pais son orixinarios da comarca de O Deza, exerceron o seu dereito a voto por correo.

En canto aos líderes dos principais partidos, o xefe de filas do PPdeG e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, votará ás 11,30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Máis madrugador será José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral dos socialistas galegos, quen acudirá a votar ao Colexio Rosalía de Castro de Lugo ás 9,30 horas do domingo. Ás 10,30 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago exercerá o seu dereito a voto a líder do BNG, Ana Pontón.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Papeletas votación pasada / Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.