Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2024
Máis de 7.000 axentes do Corpo Nacional de Policía, Garda Civil e Policía Local velarán este domingo na comunidade por que os galegos chamados a votar na cita electoral europea deste 9 de xuño poidan exercer o seu dereito ao voto con normalidade. En total, segundo informou o Goberno, vanse a despregar 2.079 axentes da Policía Nacional; así como 4.077 da Garda Civil e 948 da Policía Local.
Na rolda de prensa na que presentou o dispositivo de seguridade, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, manifestou a súa confianza en que a do 9X sexa "unha xornada totalmente tranquila". "Temos unha experiencia democrática máis que absolutamente demostrada", apuntou, para "animar a todos as galegas a que vaian votar".
"En Europa están a tomarse decisións que son absolutamente vitais na nosa vida diaria, para sectores como a agricultura, a gandaría, a industria ou a recepción de fondos", argumentou, antes de incidir na importancia de que os galegos chamados a votar (que superan os 2,7 millóns) acudan ás urnas.
As eleccións ao Parlamento europeo decidirán un total de 720 deputados, dos que España elixe a 61. Existe unha única circunscrición a nivel nacional, a diferenza das autonómicas ou das xerais.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Coche Policía Nacional. Patrulla / POLICÍA NACIONAL - Arquivo